XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN

XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN

Coincidindo co 150 aniversario do nacemento de don Ramón del Valle-Inclán, son moitas as entidades culturais que están a desenvolver un programa de actividades en homenaxe a unha das máis grandes figuras literarias.

O pasado mes de xaneiro o Museo Valle-Inclán inauguraba a mostra “Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido”, comisariada por Rosario Mascato e promovida polo Consello da Cultura Galega. Continuando coa liña de homenaxear a don Ramón, neste mes de febrero é a quenda das XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN que promove o C.A.F.I. (Centro Autonómico de Formación e Innovación), unha iniciativa orientada ao profesorado como axente de formación de alumnos nos centros educativos.

As Xornadas inaugurábanse na Casa do Cuadrante en Vilanova de Arousa, o venres 26 de febreiro ás 16:00 h., e hoxe continúan durante toda a xornada no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, onde intervirán ó longo do día, dona Rosario Mascato Rey, dona Sandra Domínguez Carreiro, don Xaquín del Valle-Inclán, dona Carmen E. Vílchez Ruiz, e dona Margarita Santos Zas. Ó remate o director do Museo, don Antonio González Millán, conducirá aos asistentes polas dependencias da entidade cultural en visita guiada.

XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *