XARDÍN DESORDENADO – TRÍO EN CONCERTO

No ano 2011 un grupo de músicos de Vigo, unidos polo amor á música e ás verbas, decidiron iniciar un camiño novo: a busca de palabras ás que poñerlle música.

Co froito cultivado naceu neles unha necesidade e  un novo obxectivo, o de  promover a poesía galega. Así nace a formación XARDÍN DESORDENADO que, en 2011, da a luz ao seu primeiro disco, bautizado co mesmo nome ca o do propio grupo: “Xardín Desordenado”; no que recollen as verbas de Manuel María, Xohán Cabana ou Uxío Novoneyra.

Co seu proxecto comezaron a percorrer bibliotecas, librarías, teatros… e, inevitablemente, en 2015 chega o seu segundo disco: “Aprendendo a ladrar”, unha escolma de 17 poemas asinados por mulleres (Olga Novo, Yolanda Castaño, Rosalía de Castro, Luz Pichel…)

Os AMIGOS DO MUSEO VALLE-INCLÁN queremos sumarnos ao obxectivo de XARDÍN DESORDENADO, que mellor xeito de facelo que concertando unha cita con eles?

Este MÉRCORES, 3 DE AGOSTO, ás 21.30 h. no AUDITORIO DO MUSEO VALLE-INCLÁN

CARTEL. xardín desordenado


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *