O Museo Valle-Inclán presente no foro profesional de Casas Museo literarias

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ven de participar no V Congreso de Casas Museos da península Ibérica e XXIII Congreso de ACAMFE (Asociación de Casas Museos y Fundaciones de Escritores de España), xornadas celebradas en Bilbao entre os días 18 e 21 de outubro, patrocinadas polo Goberno Vasco, Ayuntamientos de Bilbo e Orozko, e coa colaboración da biblioteca Bidibarrieta, Euskaltzaindia (Academia da lingua vasca) e Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Esta cita profesional congregou ás direccións e aos técnicos conservadores das principais entidades museísticas de orde literaria en España e Portugal, ás que se sumaron representantes das operativas en Italia e Grecia, interesadas por establecer liñas de colaboración de ámbito europeo entre entidades.

No transcurso deste encontro nacional Antonio González Millán, recibíu como recoñecemento ao Museo que dirixe una caricatura orixinal con retrato de don Ramón del Valle-Inclán, obra do artista Néstor Dámaso del Pino (Gran Canaria), executada en punta de plata. Igualmente, tivo ocasión de concertar contactos coas Casas Italiana e Grega (Gabriele d´Annunzio, e, Nikos Kazantzakis), interesado por recompilar testemuñas valleinclanianas alén do país.

Enviamos dúas fotografías:

Primeira.- Tomada na Casa Museo Blas de Otero (Orozko), de esquerda a dereita, Antonio González Padrón,  director da Casa Museo León y Castillo (Telde), Ana Chaguaceda, directora da Casa Museo Unamuno (Universidad de Salamanca), Sabina de la Cruz, viúva do poeta social vasco, e Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal).

Segunda.- Tomada na Biblioteca de Bidebarrieta (Bilbao), no centro, Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal) recibe a caricatura de Valle-Inclán ilustrada polo artista Néstor Dámaso del Pino (Gran Canaria), a carón do profesor José Antonio Ponte Far, á dereita da imaxe.

Esperamos que a información ofrecida sexa do seu interese, e agradecémoslle, a difusión que da mesma poda realizar.

1 2-1 3-1


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *