O Aturuxo de Melpómene presenta “Misterios” no Teatro Elma.

O Aturuxo de Melpómene presenta “Misterios” no Teatro Elma.

Asociación Teatral Naronesa O Aturuxo de Melpómene poñerán en escea,  o domingo 27 de novembro ás 19.00 horas,  no Teatro Elma a obra infantil “Misterios”.

Escrita e dirixida por Paula Carballeira, a peza está interpretada por María López, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena Montero. Dirixida a nenos/as a partir dos seis anos de idade, ten unha duración de 55 minutos.

A protagonista da obra é Mara, unha nena que tentará buscar respostas con tódalas súas forzas aos misterios que, algúns días, semellan aparecer por todas partes: na casa, na rúa, no galiñeiro… “non hai nada máis emocionante nin máis divertido que resolvelos”.

Con esta representación dase por finalizado o Ciclo FESTEAR 2016.

–A entrada é de balde–

o-aturuxo-1


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *