“ANIMUNDIS” UNHA VIAXE MUSICAL PARA NENOS E MAIORES

“ANIMUNDIS” UNHA VIAXE MUSICAL PARA NENOS E MAIORES

MARTES 3 DE XANEIRO ÁS 18.00 H. NO TEATRO ELMA

Un espectáculo infantil no que os maiores disfrutarán tanto como os cativos dunha representación multimedia de música e teatro. Coidadísimas composicións de funk, swing e rock, acompañadas de divertidas e participativas letras conforman o fío conductor desta obra coral, na que dous actores e catro músicos contan a historia de Bim “o pinguín frioleiro” e Kiwi “O paxaro que non podía voar”.

O espectáculo vese reforzado en dinamismo e contemporaniedade pola presenza dunha pantalla central presente durante toda a obra. Os actores interactúan coa pantalla a través de distintas imaxes e animacións, obtendo como resultado un espectáculo moi fluido e actual. A historia móstranos (as veces a través da risa e as veces a través das emocións) as carencias dunha sociedade intolerante. Un espectáculo onde crianzas e maiores reirán, bailarán e aprenderán.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

animundis-1


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *