ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES

ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES

Este domingo 14 de maio, celebraremos a tradicional romaría de Nosa Sra. de Belén, popularmente coñecida como a Virxe de Moldes. Un lugar significado por crenzas relixiosas do alén dende os tempos prehistóricos até o cristianismo. Como indican a necrópole de mámoas datadas no megalítico presididas polo cruceiro desta Virxe.

Dentro dos atractivos de esta cita indicar que asistimos a unha festa xurdida para festexar a imaxe dun fermoso cruceiro de capeliña, de finais do século XVI ou comezos do XVII, debuxado por Alfonso Castelao no seu libro “As cruces de pedra na Galiza”.

Trátase esta da Pobra do Caramiñal dunha das romaxes con máis popularidade do Barbanza. Pois xa en séculos pasados se celebraba. Ademais da misa campesiña, que será ás 13:00 horas, son habituais os postos de venta de doces, como as rosquillas e tortas de anís, os xogos e as alegrías propiciadas pola música galega.

Ata ben pouco, e hoxe máis ocasionalmente, entre os exvotos ofrecidos a esta Virxe Nai, era tradición ofrecerlle as primeiras espigas de millo, os acios das primeiras uvas colectadas, ovos de man das mozas que agardaban parella, trenzas daquelas outras que procuraban descendencia, velas e ramos de agradecemento, etcétera.

ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *