“A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal”

Este sábado, 17 de xullo, ás 20:30 h., no auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra, tivo lugar a conferencia titulada: “A Torre dos ValleBermúdez no Caramiñal”. Acto ao que, a pesares da vaga de calor vivida, se sumou un nutrido público interesado. Tomaron a palabra, Carlos H. Fernández Coto (arquitecto, como Presidente de APATRIGAL, Asociación para defensa do Patrimonio Galego), Antonio González Millán (director do Museo, como documentalista do traballo  histórico) e Héitor Picallo Fuentes (como ilustrador e investigador).

Todos compartiron a necesidade de salvagardar e de poñer en valor un edificio declarado oficialmente como Monumento Nacional de carácter Histórico Artístico, dende 1976, pero que non sempre foi tratado con rigor nas súas sucesivas restauracións, nin atendido ca consecuencia que reclama a súa precaria  conservación. Sendo como é o Ben de Interese Cultural máis visitado da localidade e todo un símbolo. Especial interese espertaron as imaxes proxectadas por González Millán e Héitor Picallo, as do primeiro, ilustrativas do proceso de transformación vivido polo edificio dende as primeiras noticias que sobre este se conservan (similitude con outros monumentos principais de Galicia datados no século XVI, debuxo a pluma de 1815, fotografías reunidas entre 1910 a 1987); as do segundo, centradas na análise iconografía dos elementos escultóricos empregados na decoración e que aporta singularidade á súa arquitectura (monstros mariños como a serea ou o tritón, golfiños, atlantes, os “greenmen” ou homes vexetais, bos salvaxes, elementos heráldicos como escudos ou o león pasante, etc). Palabras que animaron á participación do público nun coloquio que se prolongaría alén das 23:00 h.

Un traballo de rigoroso empeño investigador que será presentado noutras localidades galegas logo do verano. Pois que, tal e como coincidiron os poñentes, trátase de pregoar as excelencias dunha sobranceira testemuña da arquitectura civil do Renacemento á altura dos grandes monumentos do Noroeste Peninsular. Dende 1987 sé da colección permanente do primeiro Museo do Barbanza, institución decana entre as iniciativas valleinclanianas do país.

Intervención agardada sería a de Marta Pedrosa Agra, convidada para sumar a súa propia poesía, a que ofreceu un recital de distintas pezas en ton intimista que fixeron as delicias do público. Uns espectadores desexosos de que pronto podan ser reunidas nun libro de poemas seus ante o éxito acadado.

30741 V_073fotos ABSO


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *