A BRILAT DE PONTEVEDRA VISITA O MUSEO VALLE-INCLÁN

A BRILAT DE PONTEVEDRA VISITA O MUSEO VALLE-INCLÁN

O xoves, 29 de xuño, tivo lugar unha visita da BRILAT, destacamento militar con sede en Pontevedra, ao Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Promovida dentro dos actos de boas relacións e de protocolo organizados por Palmira Scuba Charter – Base Náutica, o grupo, integrado por 15 membros do Batallón do Centro General da BrilatBrigada “Galicia VII” do Exército de Terra, foi recibido polo director do centro, o que lles explicou a singularidade do monumento que alberga esta institución e a da colección patrimonial que reúne.

Trátase do grupo gañador da XVI edición do concurso – entrenamento de patrullas militares: Challenger Ruta Tui – Santiago de Compostela 2017, que percorreu os 120 quilómetros do Camiño Portugués de Peregrinación entre as dúas cidades en tan só 20 horas. Comandaba a visita o Tenente Coronel D. Carlos Aurelio Miragalla Prieto, en representación do Xeneral D. Antonio Romero Losada, desprazado a Madrid en último momento.

No transcurso da visita tivo lugar o acto de entrega dunha medalla para recordo do seu paso polo Museo. Trátase da peza conmemorativa editada para lembrar as efemérides do 150 aniversario de Ramón del Valle-Inclán e 40 aniversario da declaración oficial da Torre de Bermúdez como Monumento Nacional Histórico-Artístico. Con calidade propia de peza de coleccionista, esta peza de arte foi creada e fundida polo escultor Gonzalo Sánchez Méndizábal.

3639 FOTO .- ABELARDO SOLER


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *