MAGO DANI GARCÍA “CÓDIGO”.

MAGO DANI GARCÍA “CÓDIGO”.

MARTES 18 DE XULLO ÁS 20.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA.

(SE CHOVE NO TEATRO ELMA)

Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer. Perdido no presente, no aquí, no agora. Así está o noso  viaxeiro,  o noso  coleccionista de idiomas. Sempre na  busca de novos amigos cos que engadir un código máis á súa maleta de camiñante. E, o que comezou  sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un novo código, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.

Código é un espectáculo de rúa, pensado para que as persoas de calquera idade poidan participar e  gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal  na que seguro que os aplausos estarán acompañados das gargalladas e das bocas abertas…

 

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal e colabora a Deputación da Coruña (Rede Cultural)

MAGO DANI


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *