CIA PAPORRUBIO “A DANZA DOS PAXAROS”

 

Martes 8 de agosto ás 20.30 h. no Cantón da Leña

 

A danza dos Paxaros é un espectáculo de animación de rúa formado por seis actores e actrices e un actor principal, Luchi Iglesias, o ornitólogo que dirixe a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros percorrerán as rúas, a
praza ou o espazo que se lles dispoña facendo bailar a todos e todas as presentes.

Estes cabezudos constitúen un espectáculo sorprendente, áxil e de grande éxito entre o público polo seu carácter participativo e a súa interrelación co mesmo. É un espectáculo con moita máxia onde se pretende que todo o mundo baile ao son da música dos paxaros, onde todas xuntas desplegaremos as ás da ilusión e da liberdade
no día da festa.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Paporrubio


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *