Compañía Manicómicos “Orquesta de Señoritas”

Ano 1958, o trasatlántico Atlantis percorre a ruta Coruña-Nova York trasladando a 200 pasaxeiros en camarotes de luxo e a 800 emigrantes nas adegas do barco. Nunha tormentosa noite, a imprevisible “Orquestra do Mar”, na que tocan distinguidas señoritas, ameniza as veladas aos pasaxeiros de primeira, para que poidan vomitar cun belo fondo sonoro. O concerto que podía ser trivial, convértese nunha cómica apocalipse da crueldade. Descubrimos que as artistas son mulleres que fora e dentro do escenario sofren discriminación, maltrato e opresión. Iso precipita a explosión das súas difíciles relacións coma virtuosas. Só hai un home na orquestra, o pianista, que é acosado pola prepotente directora pero tamén mantén un romance prohibido coa primeira violinista, xerando situacións hilarantes, baixo a atenta mirada dos oficiais do barco, que ameazan á orquestra coa humillación de rebaixala a tocar ante os emigrantes nas adegas do barco. Unha comedia moi tráxica salpicada de orixinais números musicais, coreografías imposibles e sketchs moi divertidos. Aínda que se afunda o mundo, compre que a orquestra non deixe de tocar…

Manicómicos produce este espectáculo coma comezo dun experimento pedagóxico e escénico, xuntando a artistas profesionais con alumnos das súas escolas, para incidir no intercambio artístico en ambos sentidos. O obxectivo é consolidar este grupo como unha compañía estable de espectáculo integral.

Espectáculo non recomendado para menores de 12 anos

MANICÓMICOS


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *