OUTONO TEATRAL NA POBRA

A Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña organiza para o mes de novembro o ciclo de “Outono Teatral”, que inclue un total de 4 funcións, 3 de teatro afeccionado e 1 de teatro profesional.

A primeira representación  é o 5 de novembro coa Compañía Manicómicos e a obra “Orquesta de Señoritas”. O domingo 12 tócalle o turno ao grupo de teatro O Aturuxo de Melpómene coa obra “Terapia de bar”·, e o domingo 19 o grupo de teatro O Maxolo poñerá en escea “O florido Pencil”.

Para rematar este ciclo de teatro A Compañía profesional Talía Teatro representarán a obra “Foucellas”.

Todos estes espectáculos terán lugar no Teatro Elma ás 19.00 h. e a entrada é de balde.

TEATRO NOVEMBRO


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *