TALÍA TEATRO “FOUCELLAS”

TALÍA TEATRO  “FOUCELLAS”

DOMINGO 26  DE NOVEMBRO ÁS 19.00 H. NO TEATRO ELMA

 ENTRADA  DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

Un espectáculo escrito e dirixido por Cándido Pazó na que  Dani Trillo recibiu o premio Maria Casares 2017 á Mellor Escenografía

 Foucellas. Da historia ao mito. Do mito á ficción teatral.

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, ou un resistente. Uns dos últimos  homes do monte, un desos que a xente podía chamar xenéricamente un Foucellas. Mesmo podería ser ou Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe! Nunha situación desesperada, cun compañeiro como único resto do que outrora fora a súa partida, acomete a súa última acción: o atraco, con secuestro incluído, dun labrador acomodado, antigo militante agrarista, e da súa muller. Un contexto límite, un tempo terminal, no que catro personaxes perfilados e contrastados psicoloxicamente acaban entrando nun dinámico debate, dramático mais por veces divertido, no que conceptos como firmeza, utopía, resistencia, inercia, resignación, adaptabilidade, vontade, destino… son as armas dunha crúa batalla dialéctica entre a esperanza e desespero. Unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero tamén un motivo metafórico para reflexionar sobre un transo co que, en maior ou menor medida, enfrontámonos decote nas nosas vidas: a administración da derrota.

FOUCELLAS


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *