“Monologando no Elma”

A Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal organiza para o mes de decembro o ciclo de “Monologando no Elma”, que inclue un total de 3 monólogos, 2 deles en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A primeira representación é o 3 de decembro coa actriz Isabel Risco e o seu espectáculo “Nabiza Girl”.

O domingo 10 xa coa colaboración da Rede Cultural da Deputación Cándido Pazó, recoñocido pola súa traxectoria como contador de historias e monologista, trae ao Elma “Memorias dun neno Labrego”.

E para rematar este ciclo o domingo, 17 de decembro, dentro da programación da Rede Cultural visitaranos Manuel Manquiña co seu “Monólogo”.

Todos estes espectáculos terán lugar no Teatro Elma ás 19.00 h. e a entrada é de balde ata completar aforo.

MONOLOGANDO


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *