DÍA MUNDIAL DA SIDA. 1 DE DECEMBRO DE 2017. “A MIÑA SAÚDE O MEU DEREIRO”

DÍA MUNDIAL DA SIDA. 1 DE DECEMBRO DE 2017.  “A MIÑA SAÚDE O MEU DEREIRO”

 

Cada primeiro de decembro a ONU, a través do seu programa ONUSIDA, conmemora o Día Mundial da SIDA elaborando unha campaña a nivel mundial á que se suman diversas institucións e administracións.

 

Dende fai anos, o Concello da Pobra do Caramiñal a través da Concellería de Servizos Sociais, dirixida por Miguel Alamancos Sobrido apoia esta campaña organizando unha serie de actividades dirixidas á poboación do concello e, especialmente, á xuventude, por ser este un dos grupos de maior risco de contaxio da SIDA. Consideramos que a sensibilización e a prevención son os elementos claves na redución da transmisión do VIH.

 

Este ano, o día 1 de decembro, haberá unha mesa informativa no IES da Pobra do Caramiñal, con  folletos e guías relacionadas coa prevención desta enfermidade, e con lazos e preservativos.

Así mesmo, este fin de semana, distribuiranse en varios pubs da localidade, aos que soe ir a xuventude, lazos, folletos informativos e preservativos.

 

Dende a Concellería de Servizos Sociais, preténdese transmitir unha mensaxe de prevención; un chamamento á responsabilidade que temos cada un de nós no coidado da nosa saúde e a saúde dos demais, animando a rexeitar as condutas de risco que poidan comprometer a nosa integridade, o futuro, e o benestar físico ou social.

Invitamos á cidadanía a prender o lazo vermello, que é o símbolo mundial da solidariedade cos afectados.

Imaxe


 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *