“Memorias dun neno Labrego”.

domingo 10  de decembro ás 19.00 h Cándido Pazó, recoñocido pola súa traxectoria como contador de historias e monologista,  trae ao Elma “Memorias dun neno Labrego”.

Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neiras Vilas, que se publicou no 1961 en Bos Aires,e que é un dos libros mais dominantes da literatura galega; o mais editado, lido e traducido e o que todos lembramos con tenruda.

Este espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director teatral ven apoiado dun coidado traballo de videocreación e cunha propxa  musical composta para esta ocasión.

Espectáculo de balde ata completar aforo.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

CANDIDÓ PAZÓ


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *