Foi EXPOLIADA na POBRA DO CARAMIÑAL Coñecías esta escultura… ???
Imos comentala antes de que finalice esta semana do día grande de Fernando de Lisboa, mais recordado como Santo António de Padua.
“Santo súbito”‘, pois foi canonizado tan só 1 ano despóis de fallecer en loor de santidade. “Santo avogoso”, pois sumando séculos de gran afecto e crédito popular, semella atento a canto se pide con fe ou ánimo de ser recibido.
Por sabio e por humano é unha das grandes figuras da orde dos franciscanos.
Segue afirmándose que tanto serve para procurar unha parella estable, como para pechar un casamento ou ser nai/pai dunha crianza, tanto é útil para atopar ese obxecto perdido imposible de localizar á vista como para beneficiar ás embarcacións cunha pesca farturenta, e como non, para recibir da boaventuranza que nos anima a axudar a quen precisa de nos: “dar de comer a quen sobre de fame”. Velaí a entrega por caridade do pan dos probes, a sopa boba dos conventos… E nos tempos modernos, mesmo facilitador de oportunidades para abrir esas portas nas que atopar un traballo.
Esta fotografía que comparto con todos vós foi tomada arredor de 1987. Corresponde á imaxe de pedra daquel Santo António de Padua que acubillaba o fornelo existente a carón do portal da fachada externa da antiga Casa da Lobagueira, na freguesía de Santo Isidro de Posmarcos, A Pobra do Caramiñal. De onde foi roubada en tempos idos (c. 1990).
Como vemos era unha escultura de canon curto, cun deseño barroco propio dun século XVIII temperá, que, daquela presentaba restos de policromía esbaída e un Neno tosco, mais ben froito dun arranxo posterior. Divulgando a fotografía a saber se o avogado das cousas perdidas non fai outro milagro e localizamos ese ben do noso patrimonio expoliado!!!
A construcción de onde foi sustraída esta escultura é escrita nos documentos antigos como “Casa y Torre de la Lobageyra”. En 1716 era a residencia de don Andrés Pérez Torrado e doutros cregos da familia, membros do “Santo Oficio de la Inquisición”. Naquel ano este don Andrés fundaba dentro do templo parroquial, no colateral da epístola, unha capela dedicada á Nsa. Sra. da Angustia, da que eran patróns os donos da Casa da Lobagueira.
Por Antonio Gonzalez Millan.
Imaxe de San Xoán o Bautista | CRUCEIRO de NSA. SRA. DE BELÉN ( MOLDES )A POBRA DO CARAMIŇAL | Ideas para atraer TURISMO CULTURAL. |
#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal#desdepobra#DesdePobra#gallicia#españa#buentiempo#hombre#mujer#fashion#viaje#vacaciines#vacaciones#altacilidad#calidad#clasico#clasica#diseñoclasico