SANTIAGO DA POBRA DO DEÁN
Santuario de Xesús O Nazareno
A Pobra do Caramiñal
Parella de músicos interpretando un eterno concerto de música barroca. Dúo de carácter civil, pola presenza dunha muller música e polo vestiario de galas galantes alleos ao relixioso.
Atentos á tradición desta sorte de parellas de musicos na historia da arte galega diremos que proceden dun dos dous pazos inmediatos ao templo parroquial: ornamentando con graza unha fonte, un portalón ou unhas escaleitas.
Pola confluencia de obras a finais do século así no PAZO DO COUTO (interiores e fachada actual) como nesta igrexa (fachada e campanario actual) resulta hipótese asumible que alí estarían, na estructura en terrazas do seu nobre xardín, alzadas sobre piastras ou a carón da fonte ou ben na escaleira da antiga fronte do pazo (con acceso pola rúa Castelo).
Compoñen un dúo musical do século XVII. Desa época son os instrumentos, o vestiario e os complementos. En ningún caso anteriores. A moza, unha figura vestida de túnica caída e manto cruzado, loce un peiteado coidado e un toucado con fina diadema para lle sustentar a melena que distribúe aos flancos da faciana. Tañe unha antiga guitarra de 8 cordas, e ben podería ter acompañado as melodías do seu instrumento cun canto. | O mozo, escultura que viste botíns con calzas e casaca, leva a cabeza tocada por un característico bonete de bordes dobrados. Sopla un instrumento de vento que cabe identificar cun oboe da época. Precisamente, os concertos de guitarra e oboe eran moda aristocrática en tempos do barroco.
En monumentos como o valleinclaniano Pazo da Rúa Nova (András), o delicioso Pazo de Santa Cruz (Bueu), o portalón do xardín do real mosteiro de Santa María de Oseira (Cea), veredes máis destas esculturas fantásticas. Músicos de sesións de recreo para as élites.
Por Antonio Gonzalez Millan.





![]() | ![]() | ![]() |
![]() |
#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal #desdepobra #DesdePobra #gallicia #españa #buentiempo #hombre #mujer #fashion #viaje #vacaciines #vacaciones #altacilidad #calidad #clasico #clasica #diseñoclasico#TurismoAPobradoCaramiñal #ocio #lecer #experienciademarisqueo #ríodasPedras #rutasenbarco #Galicia