De entre as paisaxes que distinguen unha vila histórica como A Pobra do Caramiñal, alén dos grandes monumentos eran, nalgúns casos inda o son, as contornas da paisaxe natural e da arquitectura popular as que contribuirían a definir a idiosincrasia dos pobos.
Para que sepamos valorar conxuntamente aquelas estampas de belezas idas e dar novo valor para rexenerar espazos, sexan os centros históricos, os núcleos tradicionais, as rúas ou prazas ou aldeas no rural, as áreas a carón das beiras do mar e dos ríos… en fin, o que fonos o que somos e o que podemos ser ao vivir nun espazo privilexiado…, hoxe publicamos outras dúas imaxes que sorprenderán a todos/as. Así era a “calle de la Ribera”, na actualidade é a rúa Castelao. Velaí o grao de transformación no século XX. Por ela camiñaremos mañá.
NOTA DE INTERESE. Debemos comunicar que, dada a expectación suscitada por esta actividade entre o público e maila ter adoptado a decisión de ampliar a cabida do grupo para dar acollida ao doble de persoas no percorrido, dende ESTA MAÑÁ NON É POSIBLE ANOTAR MÁIS SOLICITUDES. GRAZAS A TODOS/AS POLO VOSO INTERESE.
Por Antonio Gonzalez Millan