O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal xa conta coa maqueta a escala de Villa Eugenia, unha das tres residencias familiares do célebre literato na súa estadía na localidade.
As mans de Manuel Martínez Rodiño están detrás da reprodución desta vivenda na cal o escritor concibiu libros como ‘La rosa de papel’, ‘La cabeza del Bautista’, ‘Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte’, ‘Tirano Banderas’ ou ‘Luces de bohemia’.
Con esta doazón complétase a triloxía dos inmobles pobrenses onde residiu o matrimonio formado por Ramón del Valle-Inclán e Josefina Blanco, xunto cos seus fillos e coas súas fillas. Esta nova peza instalarase en vindeiras datas no Auditorio do Museo Valle-Inclán para, proximamente, colocala no interior do propio Museo xunto coas reproducións da torre de Bermúdez e do pazo da Mercé
Por Antonio Gonzalez Millan