2.- AMIGOS DEL MUSEO

AMIGOS DO MUSEO VALLE-INCLÁN

A Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, nace un 5 de xaneiro de 1999 por iniciativa dun pequeno grupo de amigos que pretendían manter vivos a figura e o legado literario dun dos máis grandes autores das letras españolas de tódolos tempos, don Ramón María del Valle-Inclán. Non é casualidade a data de nacemento deste grupo ao coincidir co aniversario do deceso de don Ramón.

Trátase, a nosa, dunha agrupación non lucrativa que realiza a súa actividade grazas a subvencións públicas convocadas polas distintas administracións, e ás aportacións que ocasionalmente nos chegan de mans privadas e desinteresadas.

Desde o comezo, os nosos esforzos se centraron en levar a cabo diversas actividades, ás veces incluso perpetradas por membros do colectivo de xeito voluntario (servizo de guía nas instalacións do museo ou a Ruta Vital e Literaria de Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal ou organización de xornadas de lectura pública e participativa). Tamén dende o comezo da nosa actividade vimos colaborando activamente na organización das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán que cada mes de outubro teñen lugar na Pobra do Caramiñal, cooperando na programación de actos, participando deles, coidando do seu bo desenvolvemento… unha cita cultural ineludible na nosa vila que este ano, coincidindo co 150 aniversario do nacemento do escritor, chega á XVIII edición.

Entre as iniciativas promovidas polo noso grupo salientamos o certame  literario de relato e a publicación de “Contos en Viana” – que recolle algúns dos relatos premiados no concurso – Tamén fomos quen de editar o folleto “Ruta Vital e Literaria de Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal”, que percorre os lugares que dalgunha maneira tiveron relación co escritor na nosa vila.

Actualmente a agrupación está presidida por Paola García Paz como presidenta, acompañada por Dolores Devesa Casais como secretaria e Perfecto Santiago Domínguez Rodríguez como tesoreiro. Ademais conta con máis de 40 membros que seguen a traballar de forma totalmente desinteresada neste labor de manter viva a figura do gran don Ramón.

UN PASEO POLO MUSEO VALLE-INCLÁN

UN PASEO POLO MUSEO VALLE-INCLÁN

RUTA LITERARIA VALLE-INCLÁN (1)AÑO 2017

Valle en SantiagoAÑO 2016

Fotos conferencia Siro López LorenzoAÑO 2016