Mié. Oct 30th, 2024

Un monumento asentado nun deses lugares cheos de resonancias de antigos cultos druídicos que por sincretismo relixioso, é dicir, por una intelixente praxe de adaptación do vello e incorporación ao novo, foi asimilado e reformulado como lugar a propósito de cultos emerxentes.

Publico unha imaxe de ca. 1970, anterior á obra de reforma feita en 1985, e o debuxo de A. D. CASTELAO reproducido no ensaio “As Cruces de pedra en Galiza”

. Por estas e outras imaxes podemos ver como, nos tempos pasados, e seguindo unha longa tradición, o arquitectónico, o escultórico e o pictórico eran un todo, unidade, e a policromía ese acabado propio dun cruceiro popular. Podemos ver igualmente cómo aquel antigo cruceiro se erguía non sobre unha plataforma de chanzos moldurados, como hoxe, senon que a súa base era unha rocha natural, por diante en gran parte repicada (sucedería entre 1916, ano en que Kasado toma a súa instantánea desde monumento, e 1954, en que abren a estrada de subida aos cumios e miradoiros). Era aquela rocha desaparecida unha testemuňa da prehistoria do Barbanza. Pois que non fai falla ser arqueólogo nin historiador nin teólogo para concluir que estábamos ante unha rocha con uso anterior en cultos “pagáns”. Cristianizada ao erguer sobre ela un cruceiro con capela. Nada raro, se temos en conta que na contorna subsistía a gran necrópole de mámoas que lembra este mesmo topónimo: MOLDES. Ah, dos deuses de camiňos, da esperanza de cura para os vivos e da lembranza eterna para os mortos, da pedra… do lume… da luz na espesura dos arcanos montes… da auga que discorría tan preto… Celtismo!! Era, segue a ser, cruceiro de conveniente disposición: (1) sinalaba e sacralizaba o lugar para o novo culto dominante; (2) respondía a un interese vial e fito xurisdicional como lugar de paso e como lindeiro entre termos parroquiais e municipais; (3) obedeceía e propagaba a modalidade de exteriorización da fe que propuňa o concilio de Trento (presenza da Virxe e o Neno ou do esmoleiro para sufraxio das misas pro ánimas do Purgatorio); (4) e si segundo sabemos por distintos documentos da Idade Moderna e sabedes incluso fotografías da década 1950, por estos lares caían nevadas… Ben fora por iso ou ben pola relación materno filial da escultura a que está consagrada a capela deste cruceiro… conserva o nome de cruceiro da Virxe de Belén ou de MOLDES. CODA: O lugar de MOLDES consta por apeo tomado a instancias do arcebispo de Santiago e do abade do mosteiro de san Paio de Antealtares, ca. 1306 – 1316, como pertencente a Santa Cruz de Lesón (A Pobra do Deán). Non creemos que os notarios nin os testigos que interveňen e declaran baixo xuramente e pena de excomunión (cousas sacrosantas as máis temibles e respetadas no século XIII e XIV) serían equivocados…….Tampouco o estaban os monxes bieitos do real mosteiro de San Martiňo Pinario cando entregan en foro as terras pobrenses de San Amedio e Moldes a campesiňos (séculos XVII ata a desamortización)……Tampouco o estaba o erudito rianxeiro CASTELAO cando visitou, tomou apuntes e debuxou a lámina que dedica a este cruceiro co indicativo “Caramiňal” = ergo A Pobra do Caramiňal… …Nin estaban os autores do Censo Oficial do Concello da Pobra do Caramiňal en 1925 cando rexistraron entre nós aos habitantes deste lugar de MOLDES… O QUE DÁ PARA COMENTAR UN CRUCEIRO !!! E deste queda un bo feixe de comentarios sobre as lendas, os ritos e as tradicións consuetudinarias. Mesmo das denuncias presentadas ante Patrimonio por un acto estúpido e feito delictivo (prohibido e sancionado legalmente) como ese empeňo dalgún cafre por “pintar” os surcos das distintas tipoloxías de cruces incisas nas caras do pilar sobre o que se ergue a capeliňa… Ou do que creu ver e interpretar… E da desfeita de sucesivas limpezas da pedra antiga con auga a presión: erosión, gretas, borrado das cruces.

Por Antonio Gonzalez Millan.

AMIGOS DEL MUSEOCURIOSIDADESHEMEROTECA

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal#desdepobra#DesdePobra#gallicia#españa#buentiempo#hombre#mujer#fashion#viaje#vacaciines#vacaciones#altacilidad#calidad#clasico#clasica#diseñoclasico

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies