NAZARENO-PROCESIÓN DAS MORTALLAS
A POBRA DO CARAMIÑAL
3° DOMINGO DE SETEMBRO
Que rápido transcurre o tempo vivido… Xa se cumpriron 22 anos da declaración da Festa do Nazareno – Procesión das Mortallas como FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA. Recoñecemento de país para unha tradición tan nosa como é esa manifestación pública de latría, de humanas esperanzas dos que piden e agardan o seu milagre doméstico por crer, e de exvotos dos que agradecen grazas recibidas a prol da saúde, do ánimo, do espirito.
Multitudinario desfilar ritual de persoas con devoción particular, ofrecidas por peticións de ben ou para cumprir a promesa feita a un Deus que concede rexurdir vidas porque “inda non é tempo de morrer”… Procesión extraordinaria e singular, de paso lento e rostros graves, desas de autenticas meditacións interiores, solemne de carácter como corresponde a un ritual vivo. Que suma e segue historias humanas.
Mortallas moradas, cadaleitos portados por familiares e amizades da persoa ofrecida que camiña solitaria tras de cada un deles, fachons e velas acesas pola fe popular que mantén viva a procesión de Xesús O Nazareno por séculos.
Nun mundo progresivamente secularizado, co cambio de mentalidad e con novas ópticas da sociedade contemporánea, quen descoñeza o significado deste ritual de excepcional valor antropológico (de onde vimos, onde estamos, cara onde iremos) pensará nun culto fúnebre. Nada mais oposto á morte desta teoría a prol da vida. Ofrecidos. Mortallas. Cadaleitos. Ex votos de cera. Obras pías. Son TRIUNFOS DA VIDA E DO ÁNIMO SOBRE A MORTE.
De xove, en 1982, comecei o empeño por reunir e rescatar e estudar canta testemuña esta latría nazarena e a súa procesión ritual fose posible. En 2022 o arquivo documental, fotográfico, materiais relixiosos de variable tipoloxía como programas de festas, libros, revistas, audiovisuais contradín o dito popular de que o saber non ocupa lugar.
Anos atrás, parte do reunido e investigado privadamente, permitiría a memoria que avala a declaración do NAZARENO como FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.
Por Antonio Gonzalez Millan
#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal #desdepobra #DesdePobra #gallicia #españa #buentiempo #hombre #mujer #fashion #viaje #vacaciines #vacaciones #altacilidad #calidad #clasico #clasica #diseñoclasico#TurismoAPobradoCaramiñal #ocio #lecer #experienciademarisqueo #ríodasPedras #rutasenbarco #Galicia