Mié. Oct 30th, 2024

Antiga térmica ou “fábrica da luz”

Sabías que a cidade de Pontevedra e a vila da Pobra do Caramiñal foron, no tránsito dos séculos XIX a XX, dúas localidades pioneiras de Galicia na producción de electricidade por combustión de materiais fósiles e en dispor de suministro estable de enerxía eléctrica? Fórono antes incluso que Santiago de Compostela.

Vivíamos daquela un dos períodos de máis prosperidade grazas sobretodo ao progreso na producción de industrias como as da salazón, a conserveira e a madereira e ao comercio peninsular e europeo, con folgos a partir da I Guerra Mundial por vía marítima. De aí que, A Pobra e Caramiñal, fose na ribeira norte da ría da Arousa esa primeira localidade en dispor de: (1) un peirao moderno, en obra de canteiría, capaz para poder atender grandes buques e os fluxos de estiva e desestiba de mercadorias, materias primas e pasaxe de viaxeiros; (2) un fluído estable de enerxía eléctrica conforme ás necesidades de producción fabril, maquinaria e turnos de traballos; (3) a estación de telégrafo da comarca –era a internet daqueles tempos–, a central do correo postal e a liña de vapores de pasaxe que uniría O Barbanza co Salnés.

Detrás da aventura empresarial de risco que era a producción de electricidade está a figura de Torcuato Ulloa Otero, amigo de don Ramón del Valle-Inclán, o que tiña a súa residencia no pazo de Colo de Arca que antes pertencera aos Montenegro e Saco. Este pontevedrés constrúe unha minicentral de producción eléctrica por forza hidráulica preto de Aldea Vella, na canle do río das Pedras, e igualmente esta fábrica para a producción eléctrica por combustión de carbón na desembocadura dos ríos Pedras e Lérez, no Pozo, para falicitarlle o subministro de material por vía marítima.

Foi unha das primeiras centrais térmicas de Galicia, polo que as súas ruínas merecen ser conservadas como testemuñas da arqueoloxía industrial do país. Deixou de funcionar por mor dun desgraciado accidente sucedido o día 13 de agosto de 1929. Aquela xornada prodúcese un violento estoupido da maquinaria, unha das caldeiras salta polos aires e cae desprazada a 50 metros de distancia. Feitos que ocasionan graves danos humanos: de inmediato falecen 10 operarios e 5 mulleres que recollían carbón á entrada da fábrica resultan moi gravemente feridas, incrementando novas mortes en días sucesivos, así como a destrucción total das instalacións. Unha desgracia con repercusión informativa na prensa nacional e internacional.

Cen anos atrás a enerxía eléctrica e o seu uso era valorada socialmente como ese sinal inequívoco de modernidade e progreso. Pero, ao igual que sucede no tempo contemporáneo con enerxías como a nuclear, na producción e no uso concorrían peligros.

Fonte do Couto | Rúa do CasteloLUGAR DO INFERNIÑOLavadero de Rosamonde de Santa CruzCORRUBEDO

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies