Don Ramón del Valle-Inclán volta a visitar as Terras de Boiro, ao igual que fixera en vida, cando a súa estadía na Pobra do Caramiñal. Na comarca do Barbanza deixase ver, escoitar e fotografiar en repetidas ocasións. Como gran facedor de arte da palabra aquí protagoniza parladoiros en boticas, en recreos de pazos, en excursións, en romaxes… E o máis importante, desenvolve unha frenética actividade literaria e crea os textos de títulos universais. Sendo que residindo coa súa propia familia no gran casal da Mercé, na campiña de Posmarcos, como en “Villa Eugenia”, na vila do Caramiñal, saen do prelo de distintos boletíns e revistas –así de Galicia como de América– varios relatos seus e escolmas de libros seus publicados en galego.
Consciente das omisións contemporáneas deste periplo humano e literario no Barbanza daquel ao que Alfonso Castelao declaraba ser un “gallego extraordinario” e o “mejor artista nacido en Galicia”, don Ramón del Valle-Inclán, fillo do rexurdimento cultural do seu país, este maio o profesorado do IES de ESPIÑEIRA quixo divulgar testemuñas barbanzás e galegas do noso ilustre paisano. Para este Museo é un honor poñer a dispor da comunidade educativa aqueles materiais que podemos compartir.
Animamos a que vos echeguedes á mostra que instalaron neste centro escolar. Veredes exemplares de libros do escritor publicados en galego e en portugués; textos seus de contos galegos saídos á luz entre 1918 e 1921; unha escolma das moitas fotografías súas nas vilas históricas da Pobra e Cambados; a escolma de carteis das Xornadas de Homenaje a Valle que o vindeiro outubro cumpren 25 anos entre nós; e moi especialmente as caricaturas literarias dos mais grandes nomes de escritores/as das letras internacionais que crea Néstor Dámaso del Pino, amigo dos finisterres atlánticos que unen a Galicia e as Illas Canarias, etc.
GRAZAS En especial ás profesoras María Ana Domínguez, directora do IES, e Margarita Fernández, coordenadora do EDLG, e a través da cita ao profesorado e alumnado do centro.
Por Antonio Gonzalez Millan