Homenaxe cívica a Josefina Blanco Tejerina e a Joaquin del Valle-Inclán Blanco, a actriz que foi muller e o rapaz que era primeiro fillo varón do matrimonio, respectivamente, do grande escritor Ramón del Valle-Inclán Peña.
Memorial organizado polo FORO GALICIA E VALLE-INCLÁN, entidade de ámbito galego que preside o seu neto e biógrafo Xaquín del Valle-Inclán Alsina, en colaboración entre as vilas valleinclanianas: Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, Ángel Varela e Víctor Viana, padroeiros de Vilanova da Arousa, e Liso González, titular da Concellaría da Cultura do Concello de Cambados. Imaxes tomadas da prensa gráfica onte, como cada 19 de novembro, no cemiterio de Santa Mariña Dozo, onde xacen.
Agradecemos a Gloria Rico, actriz e directora da compañía Teatro En Punto, de Santiago de Compostela, a lúcida lectura dramatizada da entrevista concedida por Josefina Blanco a á xornalista e política Margarita Nelken en 1917