«Empresa El Celta» Ah, daquelas primeiras viaxes a Santiago de Compostela! Agardabas de madrugada nunha parada á intemperie para ser parte da pasaxe dun vello autobus á hora da misa de alba. Lembroo porque á mesma hora ía a miña bisavoa paterna á igrexa de San Pedro en Palmeira. Rodábamos por unha estrada solitaria, estreita e maltreita durante hoooorrraaaasss, e logo da consulta no hospital e de xantar rápido para repoñer forzas, veña e de volta a volta por todas as santas paradas existentes entre Compostela – A Choupana – O Milladoiro – A Escrabitude – Pazos – Padrón – Lestrove – Dodro – Isorna – Asados – Rianxo – Boiro – Escarabote – A Ribeiriña – A Angustia – A Pobra – O Norte – A Ponte… Viaxe de noite cara alborada e de solpor cara á noite… Matador para un neno!
Por certo que este vehículo levaba na traseira un depósito de gasógeno, combustible propio de tempos de restricións.
O caso é que, paradoxas da vida, aquel tan vello como pesado vehículo de combustión a gasógeno foi causa dunha desgraza familiar. Unha noite de inverno triste por escura e chuviosa puso fin á vida da querida bisavoa María Asunción, atropellada cando cruzaba a estrada para visitar aos que éramos os seus dous primeros bisnetos.
E xa van aló máis de 50 anos !!!
![]() | ![]() Homenaxe cívica a Josefina Blanco Tejerina e a Joaquin del Valle-Inclán Blanco |
![]() Fonte do Couto | Rúa do Castelo | ![]() Parranda composta por un autor anónimo arredor de 1955. |