Mié. Mar 12th, 2025

Na edición impresa do xornal O BARBANZA, número 71, exemplar de carácter gratuito que foi distribuido polos lugares públicos habituáis dende finais de febreiro, as persoas que sodes de mente interesada nas crónicas da Pobra do Caramiñal podedes ler a segunda entrega que veño dedicando á historia das salas de cinema na nosa Vila. Dúas páxinas redactadas logo de reiteradas investigaciós de arquivo, e outro tipo de estudos, empregando fontes documentais de primeira man. Velaí a sorte de informacións e de datos contrastados, e con frecuencia que corrixir entre esa barahúnda de erros repitidos por neófitos dende aquel ano de 2001 en que apuntei por primeira vez sobre a importancia do antigo CINE ELMA e a autoría da súa obra polo arquitecto ANTONIO TENREIRO.

Se xa non localizades exemplares nos locais de hostelería ou de cultura podedes dispor del no museo Valle-Inclán.

Antonio González Millán
Director do Museo Valle-Inclán


Reportaje publicada na fin de semana polo xornal EL ESPAÑOL

Parranda composta por un autor anónimo arredor de 1955.

Día de romaxe

Fonte do Couto | Rúa do Castelo

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies