Mar. Dic 3rd, 2024

Como chove miudiño, como miudiño chove, pola banda de Laiño, pola banda de Lestrobe… Así cantaban os nosos devanceitos nos seráns da invernía de tempos idos, e así recolleron tan popular cantiga figuras clave daquela Galicia: Rosalía de Castro e Ramón del Valle-Inclán.

Dando continuidade ao empeño de poñer en orde testemuñas dunha vida vivida como coleccionista de mil e unha cousas, hoxe toca lembrar que, décadas atrás, non éramos poucos os que xunto á filatelia, á numismática, á bibliofilia, ás belas artes, reuníamos series de caixas de mistos editadas aquí e acolá.

Pasan os anos e eclipsa a vida social dalguns pobos. Cantos locais toca lembrar que eran referentes do Barbanza!! Non poucos con nomes tomados de títulos dun mais prezado Valle-Inclán, grande doméstico, la “Bohemia”, “Jardín Umbrío”, “Bradomín”… Outros dicían orgullosos que somos “A Vila” histórica da Arousa Norte… ou referentes de modernidade picarona coa voz brasileira do “Xum-Zum”… Da movida e capital do lecer que foi A Pobra do Caramiñal nos 80′ e 90′ resta vivo e musicando o “Amanitas”

ERAN OUTROS TEMPOS DE RELACIÓNS PERSOAIS E DE LIBERDADE EMERXENTE.Repasando vellas copias fotográficasImaxe de San Xoán o Bautista
CRUCEIRO de NSA. SRA. DE BELÉN ( MOLDES )A POBRA DO CARAMIŇAL

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal#desdepobra#DesdePobra#gallicia#españa#buentiempo#hombre#mujer#fashion#viaje#vacaciines#vacaciones#altacilidad#calidad#clasico#clasica#diseñoclasico

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies