Sáb. Nov 23rd, 2024

24 de Setembro : A MERCÉ

Festividade oportuna para lembrar retallos da historia da antiga capela e casa priorado de Nsa. Sra. da Mercé, logo da desamortización de bens eclesiásticos expropiada e subastada polo estado para financiar a débeda nacional, cando pasa a ser propiedade do gobernador da provincia Juan José Llamas.

Da primeira ermita, erixida na alborada da Idade Moderna, subsistían obras como a talla da Virxe da Leite ou a labra do Trono de Graza. Pezas datables no século XV se non de antes. Destruida a unha e expoliada a outra.

Do antigo priorado bieito, adscrito ao Real Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, conserva tres relevos: o cadro da Virxe do Socorro amparando do demo ao Meniño e a unha almiña (fachada da capela), un escudo cos blasóns propios da abadía de San Martiño Pinario á que pertencía (dentro da capela) e un gran escudo de deseño Barroco cos blasóns, de arriba abaixo e de esquerda a dereita: 1°- León, 2°- Castela, 3°- Abadía de San Martiño Pinario e 4°- Real Congregación de Valladolid, que era o órgano de goberno da Orde Benedictina en Galicia (fachada principal do casal). Pezas do século XVIII.

Un século anterior era o bo retablo datado no ano de 1697, coas imaxes da Virxe da Leite antes citada, o patriarca san Xosé e o Apóstolo san Pedro, exhibindo no ático un altorelevo que representaba á Virxe da Mercé protexendo coa súa capa a un grupo de devotos dispostos nos flancos da súa figura. Infelizmente destruido.

Entre outras cousas extraordinarias este monumento garda directa relación cun artista de fama e prestixio internacional. 1915 e 1916 son os anos en que o matrimonio Ramón del Valle-Inclán e Josefina Blanco Tejerina alugan e restauran o Casal da Mercé, é dicir, o pazo e a súa finca. Aquí reside a súa familia ata maio de 1921 e, sorpresa, seguirán administrando estas terras ata 1925. No vello campo da feira pousa para retratos en fotografías e pinturas. Aquí foi onde nacen os seus fillos Carlos Luis Baltasar, I Marqués de Bradomín (1981) e María de la Encarnación Beatriz Baltasara, popularmente alcumada “Mariquiña”, sepultada no cemiterio parroquial de Santo Isidoro de Posmarcos.

Cantos estudamos o ronsel biográfico e literario valleinclaniano coincidimos en que este lugar foi o absoluto “locus amoenus” do escritor e este periodo pobrense o máis fértil e cualificado da súa ampla producción artística. Os títulos aos que debe lectores e estudos na literatura mundial foron escritos neste intre: “Divinas palabras. Traxicomedia de aldea”, “Luces de bohemia. Esperpento”, “Los cuernos de Don Friolera”, etcétera.

A tantos progresos puxo fin o incendio xeral que arruinaría o conxunto o 9 de maio de 1983. En setembro de 2022, case 40 anos despóis, a falla de interese das administracións por ser garantes das leis, o choque de competencias para resolver permisos necesarios e as trabas postas tempo atrás aos seus propietarios para restaurarlo, o politiqueo de Tirios e Troianos que só “lembran” esta vergoña cando asoma un periodo electoral para logo esquederse de xestionar unha solución… ameazan con que, como Pobo e cidadáns, perdamos este ben patrimonial irrepetible da nosa identidade colectiva. E que como localidade ofrezamos esta lamentable “tarxeta de visita”.

APROVEITO para SOLICITAR de novo a COLABORACIÓN CIDADÁ. Veredes que xunto con esta reflexión ofrezo varias das imaxes do libro que dediquei a este monumento en 1997. Entre elas grandes obras destruidas polo lume (retablo) ou expoliadas e inda non recuperadas (imaxe pétrea do Trono de Graza). || Tendo en preparación unha nova publicación actualizada sería de interese localizar outras fotografías daquel retablo para intentar unha recreación exacta do seu alzado. GRAZAS anticipadas.

Por Antonio Gonzalez Millan.

.

Desde el muelle.Punta SaleiraAtraque
Mirando los barcos

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal #desdepobra #DesdePobra #gallicia #españa #buentiempo #hombre #mujer #fashion #viaje #vacaciines #vacaciones #altacilidad #calidad #clasico #clasica #diseñoclasico#TurismoAPobradoCaramiñal #ocio #lecer #experienciademarisqueo #ríodasPedras #rutasenbarco #Galicia

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies