Entre os lugares que visitaremos o vindeiro domingo, 16 de abril, figuran monumentos e paisaxes históricas que simbolizan o empeño de vida e superación humanos. Ista imaxe corresponde a aquel mar que era antigamente a xunqueira e a marisma do río Xundeirama ou de Santo Antonio ante a badía do Caramiñal.
Sobre o río unha das pontes históricas de Galicia. Sobre a ponte un dos dous cruceiros con que se pretendía a protección dos peóns e cabalgaduras que atravesaban sobre dela e simbolizaba a estación dun Vía Crucis en cada Semana Santa. De todo falaremos… De cando son? Quen os patrocina? Quen os construe? Que modificacións experimentan ao pasar dos tempos? Descubre o teu Pobo.
____
Fonte. Fototeca do Museo Valle-Inclán. Autor: Hermógenes Garita-Onandía Sánchez, A Pobra do Caramiñal, impresa en papel en 1915.
Por Antonio Gonzalez Millan.