Mar. Dic 3rd, 2024

Imaxe de San Xoán o Bautista, escultura labrada en pedra de grao, en estilo barroco, datada nos séculos XVII – XVIII. Mide arredor dos 60 centímetros de altura. Trátase dun ben protexido pola LEI 5/2016, de 4 de maio, do PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA. Desaparecida da súa ubicación fai uns días.

Dicíase procedente da capeliňa do cruceiro da Banda, xunto coa imaxe da Virxe da Concepción que roubaron década atrás noutra fachada deste mesmo inmoble, situado na rúa de San Lázaro. Inmoble catalogado e protexido pola súa arquitectura historicista e por ter sido construído nun solar que antes ocupara o antigo hospital “de pobres e peregrinos” e logo capela daquel santo varón Lázaro no “Estudio de calles y plazas de la villa de la Puebla del Caramiňal” (1984)… Pero descatalogado de forma arbitraria no PXOM (2007) contra o parecer dos profesionais da historia… Curiosamente, un e outro documento de ordeación urbanística asinados polo mesmo arquitecto…

Onte tocou denunciar o traslado legalmente irregular, ou sustración, agardemos que como anos atrás volte ao seu lugar. Hoxe toca divulgar a súa imaxe. Ningún pobo pode consentir que lle expolien as súas iconas. As pegadas da historia son de tod@s = que este é o valor das belas artes e das crenzas populares.

Maná entregaranse copia das fotografías á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural – Xunta de Galicia. E ao noso Concello. Para facilitar as pescudas que sexan emprendidas polas forzas de seguridade e inspección. Por se entrase no mercado irregular de compra venta de antiguidades. Compartide para que a identifiquen.

Convén aclarar todos os supostos = que ten sucedido a mediados deste xaneiro / 2020 cun ben protexido.

Por Antonio Gonzalez Millan

CRUCEIRO de NSA. SRA. DE BELÉN ( MOLDES )A POBRA DO CARAMIŇALIdeas para atraer TURISMO CULTURAL.VALLE-INCLÁN alén nós: MADRID
Oración Funebre

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal#desdepobra#DesdePobra#gallicia#españa#buentiempo#hombre#mujer#fashion#viaje#vacaciines#vacaciones#altacilidad#calidad#clasico#clasica#diseñoclasico

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies