Tarde entre amigos para asistir á presentación dun gran libro. Publicación que nace do empeño de dar visibilidade o renovado aspecto da Catedral de Santiago e revelar a súa imaxe tras a rehabilitación concluida en 2021. A erudición dos textos e a marabillosa estética fotográfica fan deste volume una oportunidade única de coñecer ao detalle a maxestuosidade deste monumento histórico a día de hoxe. Un libro á altura deste símbolo de Galicia e do Patrimonio da Humanidade.
Traballo de 6000 fotografías seleccionadas en 400 imaxes de tomas e vistas inéditas.
Na boa compaña dos seus autores, Adolfo Enríquez Calo (editor e fotógrafo) e Ramón Yzquierdo Peiró (director técnico do Museo da Catedral), de Daniel Lorenzo Santos (director da Fundación Catedral de Santiago) e Valentín García Gómez (secretario xeral de Política Lingüística – Xunta de Galicia), de Manuel Jesús Formoso Fernández (vicecanciller do Arcebispado e secretario particular do arcebispo), dos xornalistas José María Fernández Pazos (O Barbanza, Código Cero) e Javier Carnota (STGO!), amigos todos.
Parabéns polo libro e polo ambiente cordial.
Como chove miudiño, como miudiño chove, pola banda de Laiño | ERAN OUTROS TEMPOS DE RELACIÓNS PERSOAIS E DE LIBERDADE EMERXENTE. | Repasando vellas copias fotográficas |
#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal#desdepobra#DesdePobra#gallicia#españa#buentiempo#hombre#mujer#fashion#viaje#vacaciines#vacaciones#altacilidad#calidad#clasico#clasica#diseñoclasico