Tarde de invernía e de recuperación de máis e, probablemente inéditas, imaxes antigas de interese para a Vila. Nesta ocasión a fotografía do auto turismo da empresa MARCIAL GARCÍA MARTÍ, unha das que tiñan a súa razón social na Pobra do Caramiñal ao albor do século XX. Foi tomada en Padrón pois que cubría a liña de transporte de viaxeiros e mercadorías entre Ribeira e Santiago de Compostela.
Descoñezo a autoría, inda que polas amizades de sempre do seu irmá, don Victoriano, como de don Ramón del Valle-Inclán, e as viaxes que fixeron xuntos por Galicia, é probable que saira da cámara dos Pérez Artime arredor de 1915.
