Mié. Mar 12th, 2025

❤️ «Empresa El Celta» Ah, daquelas primeiras viaxes a Santiago de Compostela! Agardabas de madrugada nunha parada á intemperie para ser parte da pasaxe dun vello autobus á hora da misa de alba. Lembroo porque á mesma hora ía a miña bisavoa paterna á igrexa de San Pedro en Palmeira. Rodábamos por unha estrada solitaria, estreita e maltreita durante hoooorrraaaasss, e logo da consulta no hospital e de xantar rápido para repoñer forzas, veña e de volta a volta por todas as santas paradas existentes entre Compostela – A Choupana – O Milladoiro – A Escrabitude – Pazos – Padrón – Lestrove – Dodro – Isorna – Asados – Rianxo – Boiro – Escarabote – A Ribeiriña – A Angustia – A Pobra – O Norte – A Ponte… Viaxe de noite cara alborada e de solpor cara á noite… Matador para un neno!

Por certo que este vehículo levaba na traseira un depósito de gasógeno, combustible propio de tempos de restricións.

O caso é que, paradoxas da vida, aquel tan vello como pesado vehículo de combustión a gasógeno foi causa dunha desgraza familiar. Unha noite de inverno triste por escura e chuviosa puso fin á vida da querida bisavoa María Asunción, atropellada cando cruzaba a estrada para visitar aos que éramos os seus dous primeros bisnetos.

E xa van aló máis de 50 anos !!!

Día de romaxe
Homenaxe cívica a Josefina Blanco Tejerina e a Joaquin del Valle-Inclán Blanco

Fonte do Couto | Rúa do Castelo

Parranda composta por un autor anónimo arredor de 1955.

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies